Os
ollos do Contomar
Os ollos do Contomar. Unha experiencia de fomento da lectura é a primeira publicación de Espazo Lectura, editada coa colaboración do Concello de Gondomar e da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Os ollos do Contomar é unha crónica
en imaxes de dúas das actividades desenvolvidas por Espazo Lectura: o Contomar (sesións semanais de contacontos destinados a nenos e nenas de entre
3 e 9 anos) e Unha noite na biblioteca (acción de sensibilización e
fomento da lectura que consiste en pasar unha noite durmindo na biblioteca
e participando en xogos e actividades de promoción da lectura).
Lecturas da Grampa
Ademais das
publicacións en formato libro nas que se vaian recollendo as experiencias da
asociación e, sobre todo, a análise e as reflexións derivadas das actividades
que desenvolve, Espazo Lectura mantén unha liña de publicacións de pequeno
formato destinada a difundir e complementar as actividades da asociación,
establecer listaxes de lecturas recomendadas e dar formación específica sobre
fomento e animación á lectura. Trátase da serie Lecturas da Grampa iniciada con
motivo do II Dar de ler coma quen dá de
beber en abril de 2009.