Espazo Lectura puxo en marcha este club de lectura desde o convencemento de que a linguaxe do cómic, é dicir, a da lectura en imaxes, é unha das máis relevantes da cultura contemporánea.
O coordinador propón un cómic mensual e as persoas asistentes reúnense para comentalo e interpretalo. As reunións realízanse o terceiro martes de cada mes ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. O coordinador é Félix Rodríguez (podes contactar con el no 636.871.036 ou a través do correo electrónico clublecturasdebuxadas@espazolectura.org). Se pensas que o cómic non é só para nen@s e que se poden contar boas historias desde o cómic, vén e descubre a linguaxe da lectura en imaxes. Recibe moitos nomes: banda deseñada ou debuxada, tebeo, historieta, novela gráfica... Definida como a "narrativa gráfica secuencial", o cómic é xa a novena arte por dereito propio. Queremos descubrir esta linguaxe tan interesante lendo un cómic unha vez ao mes para comentalo despois entre tod@s.
Información sobre Espazo Lectura
