O Club de lectura Sete Vidas é unha inciativa que Espazo Lectura puxo en marcha en outubro de 2008. Un grupo aberto e heteroxeneo de persoas ás que lles apetece ler reunense para ler un libro ao mes (novelas, relatos, etc) e comentalo despois sen ningún tipo de obrigas nin compromisos. As reunión celébranse o primeiro martes de cada mes ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. O libro co que se inciou a primeira sesión foi Así nacen as baleas, de Anxos Sumai (Editorial Galaxia). Este club de lectura non está guiado por un coodinador fixo senón por un equipo de coordinadores que se turnan. Cada un deles propón o libro de lectura dese mes, o que garante unha diversidade de criterios e perspectivas. Para participar non hai que ser un lector/a experimentado, soamente hai que gozar da lectura ou querer descubrir que a lectura nos abre as portas para vivir sete vidas e ter ganas de compartir esa experiencia cos demais membros do club. Para saber máis: diríxite a informacion@espazolectura.org
Información sobre Espazo Lectura
