Espazo Lectura é unha asociación para o fomento e a animación á lectura en lingua galega.
Está ubicada no Val Miñor e organiza actividades sen ánimo de
lucro relacionadas coa promoción lectora, así como calquera outro tipo
iniciativas que teñan que ver coa promoción da lectura e do libro como
referente de benestar social e coa consideración do libro como elemento
socializador, indispensable para elevar o nivel educativo, a conciencia
crítica, a capacidade analítica e, en definitiva, a calidade de vida e
o ocio das persoas.
Para levar a cabo os seus fins, Espazo
Lectura mantén unha programación, tanto estable como conxuntural, en
relación cos cometidos que persegue, atendendo ao principio de que o
libro ou a lectura sexan o elemento nuclear e de referencia. As
populares sesións de contacontos coñecidas baixo o nome de Contomar son a actividade fundacional da asociación.
O
traballo de Espazo Lectura oriéntase basicamente en tres liñas
principais: a creación e animación de clubs de lectura, a divulgación e sensibilización, e a formación especializada en
fomento da lectura.
Actividades de Espazo Lectura:
Club de lectura compartida Lendo Contigo
Xunta Directiva:
A Xunta Directiva de Espazo Lectura está formada polas seguintes persoas:
Presidenta: Concha Costas
Vicepresidenta 1ª: Rosana Estévez
Vicepresidenta 2ª: Rocío Salgueiro
Tesoureiro: Xosé Manuel Moo
Secretario: Fran Alonso
Vocal 1: Anxo Iglesias Marino
Vocal 2: Anaír Rodríguez
Vocal 3: Bieito Legaspi